TFMs: Información xeral

No terceiro cuadrimestre o alumno debe realizar un Traballo Fin de Máster cunha dedicación equivalente a 15 créditos ECTS.

O Traballo Fin de Máster consiste no desenvolvemento dun proxecto de carácter teórico ou aplicado. En moitos dos traballos teóricos preténdese que o alumno faga unha revisión crítica dalgúns dos traballos de investigación de recente publicación nos campos correspondentes á temática de cada traballo, comparando as distintas alternativas existentes ou, incluso, propoñendo novas alternativas que poidan ser estudadas máis profundamente nunha futura Tese Doutoral. Os proxectos de tipo aplicado consisten na análise, estudo e resolución de problemas con datos reais nos que se deben aplicar técnicas modernas da Estatística ou a Investigación Operativa.

Ademais, existe a posibilidade de realizar un traballo titorizado nunha empresa colaboradora do Máster en Técnicas Estatísticas, o cal ten como obxectivo que o alumno analice e estude problemas da área da Estatística e Investigación Operativa nos que estean interesadas as empresas colaboradoras. Empresas que, na maioría dos casos, xa teñen desenvolvido convenios e proxectos cos departamentos universitarios que colaborarán con este máster. En todos os casos o alumno do Traballo Fin de Máster estará dirixido por profesorado universitario que cumpra os requisitos mencionados na normativa.

Unha referencia para realizar un traballo fin de máster pode elexirse de calquera das líñas de investigación que figuran no doutoramento.

Neste enlace poden verse algunhas indicacións sobre os contidos mínimos e o formato do traballo fin de máster (MTE_PlantillaTFM.pdf). O arquivo *.rar que se descarga contén tamén unha plantilla de LaTeX de exemplo (MTE_PlantillaTFM.tex) e os logos das tres universidades que organizan o máster (logoUDC.pdf, logoUSC.pdf e logoUVigo.pdf).

Os membros dos tribunais serán:

TRIBUNAL 1:

Presidente: Juan José Vidal Puga. Secretario: Manuel Oviedo de la Fuente. Vocal: Beatriz Pateiro López.

Como suplente: Mario Francisco Fernández.

TRIBUNAL 2:

Presidenta: Gustavo Bergantiños Cid. Secretaria: María José Ginzo Villamayor. Vocal: Diego Darriba López.

Como suplente: Mario Francisco Fernández.

Independentemente da modalidade do traballo, corresponde ao alumno enviar o seu TFM a un dos coordinadores do máster e confirmar a correcta recepción do mesmo. A entrega farase unicamente en formato electrónico. Ademais, o alumno deberá seguir tamén calquera procedemento indicado pola universidade en estéaa matriculado.
No caso de que un alumno non autorice a publicación da súa TFM na web do MTE, deberá achegar un resumo de non menos de dúas páxinas onde, ademais, figuren os motivos polos cales non se autoriza a difusión vía web da memoria.

Convocatoria de Xaneiro:

A data de entrega dos traballos será ata o 13 de Xaneiro do 2025. Corresponde ao alumno enviar o seu TFM a un dos coordinadores do máster e confirmar a correcta recepción do mesmo. A entrega farase unicamente en formato electrónico. O alumno deberá seguir tamén calquera procedemento indicado pola universidade en estea matriculado.
A lectura será os días 5, 6 e 7 de Febreiro do 2025.


Convocatoria de Xullo*:

A data de entrega dos traballos será ata o 3 de Xuño do 2025. Corresponde ao alumno enviar o seu TFM a un dos coordinadores do máster e confirmar a correcta recepción do mesmo. A entrega farase unicamente en formato electrónico. O alumno deberá seguir tamén calquera procedemento indicado pola universidade en estea matriculado.
A lectura será os días 18, 19 e 20 de Xuño do 2025.


Convocatoria de Setembro*:

A data de entrega dos traballos será ata o 22 de Xullo do 2025.

A lectura será os días 3, 4 e 5 de Setembro do 2025.

(*) O alumnado matriculado na UVigo só poderá presentarse a unha das dúas convocatorias.

O tempo máximo de exposición será de 25 minutos. Tamén poderá facerse por videoconferencia.