O profesorado que participa neste Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa pertence a grupos de investigación con proxectos de investigación activos. O programa estrutúrase en dúas grandes liñas de investigación: Estatística e Investigación Operativa.
A liña de Estatística céntrase fundamentalmente en desenvolvementos  inferenciales, cunha importante orientación ás técnicas de investigación  non  paramétrica de curvas en distintos contextos, así como na súa aplicación en problemas teóricos e aplicados. 
A investigación na área da Investigación Operativa céntrase na Teoría de Xogos e as súas aplicacións.
GRUPOS DE INVESTIGACIÓN 
O profesorado do programa pertence aos seguintes grupos de investigación:
- Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
 - Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións (MODESTYA). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
 - Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
 - Statistical Inference, Decision and Operations Research (SIDOR). Grupo de Referencia Competitiva (Xunta de Galicia)
 
INFORMACIÓN DETALLADA DAS LIÑAS DE INVESTIGACIÓN LIÑA DE INVESTIGACIÓN: ESTATÍSTICA
- Estimación non paramétrica de curvas.
 - Inferencia en poblacións finitas.
 - Análise de supervivencia.
 - Estatística espacial.
 - Contrastes de especificación.
 - Enxeñería financiera.
 - Modelos aditivos.
 - Modelos funcionais.
 - Modelos direccionais.
 - Modelos incompletos.
 
LIÑA DE INVESTIGACIÓN: INVESTIGACIÓN OPERATIVA
- Xogos non cooperativos.
 - Xogos cooperativos.
 - Asignación de custos.
 - Deseño de tarifas.
 - Problemas de bancarrota.
 - Índices de poder.
 - Subastas.
 - Problemas computacionais en teoría de xogos.
 - Teoría da decisión.
 - Elección social.
 - Métodos de programación matemática.
 - Teoría de colas.
 - Modelos de inventario.
 - Optimización en redes de fluxo.
 - Problemas de transporte.
 - Problemas de asignación.
 - Problemas de rutas.
 - Problemas de planificación e secuenciación.
 - Modelos interactivos da investigación operativa.
 - Conexións entre a teoría de xogos e a inferencia estatística.
 
