O PhDay-EIO é unha oportunidade única para xuntar tódolos doutorandos galegos de Estatística, Investigación Operativa e Optimización.
- Cuarta edición do PhDay-EIO 23.02.2024 - A Coruña
- Terceira edición do PhDay-EIO 28.10.2022 - Vigo
- Segunda edición do PhDay-EIO 23.06.2021 - Santiago de Compostela (Online)
O Comité Organizador do PhDay-EIO decidiu por unanimidade conceder o premio á mellor comunicación oral presentada no PhDay-EIO, con título "INTRODUCTION TO SINGLE-INDEX MIXTURE CURE MODELS", presentada por BEATRIZ PIÑEIRO LAMAS. De esquerda a dereita: Laura Davila Pena (membro do comité organizador da xornada), Brais González Rodríguez (membro do comité organizador da xornada), Mª José Ginzo Villamayor (membro do comité organizador da xornada), Beatriz Piñeiro Lamas (gañadora do premio), Laura Freijeiro González (membro do comité organizador da xornada) e César Sánchez Sellero (presidente da SGAPEIO).
- Primeira edición do PhDay-EIO 04.10.2019 - Santiago de Compostela
O Comité Organizador do PhDay-EIO decidiu por unanimidade conceder o premio á mellor comunicación oral presentada no PhDay-EIO, con título "CONTRASTES NO PARAMÉTRICOS PARA REGRESIÓN CON DATOS CIRCULARES", presentada por MARÍA ALONSO PENA. De esquerda a dereita: Brais González Rodríguez (membro do comité organizador da xornada), Laura Davila Pena (membro do comité organizador da xornada), María Alonso Pena (gañadora do premio), Mª José Ginzo Villamayor (membro do comité organizador da xornada) e César Sánchez Sellero (presidente da SGAPEIO).