BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN DIVERSAS ÁREAS DA AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas durante os anos 2017-2018 e se procede á súa convocatoria.
Esta resolución ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria de nove (9) bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en áreas dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte maneira:

– Oito (8) bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas nas oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma: 2 bolsas na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar), 1 bolsa na oficina de turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino), 1 bolsa na oficina de turismo da Coruña, 1 bolsa na oficina de turismo de Pontevedra, 1 bolsa na oficina de turismo de Vigo, 1 bolsa na oficina de turismo de Lugo, 1 bolsa na oficina de turismo de Ourense.


– Unha (1) bolsa de formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación para a realización de labores de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística. O lugar de realización das prácticas tuteladas desta bolsa será na sede da Área, nas oficinas da Axencia Turismo de Galicia da Barcia (estrada Santiago-Noia, km 3, 15897 Santiago de Compostela). Ten unha duración dun año e é para un perfil de estatístico / programador de R.


Máis información