WORKSHOP | Ampliación prazo Call for papers | XI Xornada Usuarios de R en Galicia

DESCRICIÓN:

Un ano máis poñemos en marcha a Xornada de Usuarios de R en Galicia.

Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio ou obradoiro antes do 7 de outubro de 2024 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón

Todos os relatorios seleccionados aparecerán no libro de actas da xornada.

 A información sobre o programa vaise actualizar na web da xornada a medida que se vaian confirmando. Lembra que podes acceder ás presentacións e vídeos dos relatorios de anos anteriores dende o menú «Programa» e así facerte unha idea dos contidos amosados. 

Ao igual que en anos anteriores, contamos co apoio da Facultade de Matemáticas da USC e o patrocinio da Xunta de Galicia a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). 

Máis información