Convocatoria Pública Ordinaria 3/2023 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación
Estado: Aberta
Resume:
O obxecto da presente convocatoria é a selección de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.
O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc., sen prexuízo do establecido na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao Servizo das administracións públicas.
A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.
Consolidación 2021 GRC GI-1914 - Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións – MODESTYA
Contrato vinculado á axuda Ref. ED431C 2021/24 da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidade da Xunta de Galicia para a consolidación e estruturación de unidades de
investigación competitivas nas universidades do Sistema universitario de Galicia
Centro de Traballo Facultade de Matemáticas
Investigador principal GONZÁLEZ MANTEIGA, WENCESLAO
Realización dunha tese de doutoramento no ámbito da aprendizaxe estatística e o deseño de
algoritmos de optimización, vinculada á liña de investigación do proxecto Consolidación 2021 GRC
GI-1914 - Modelos de optimización, decisión, estatística e aplicacións – MODESTYA
Requisitos:Licenciatura, enxeñaría, arquitectura, grao de polo menos 300 créditos ECTS (European Credit Transfer System) ou
inferior a 300 ECTS con máster universitario, ou equivalente.
As persoas solicitantes deberán estar admitidas no Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación
Operativa
A persoa seleccionada, no momento de asinar o contrato deberá:
- estar matriculada no Programa de Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa no curso académico
2022/2023 na USC
- asinar unha declaración de ter ou non ter gozado doutras axudas/contratos, dirixidas á súa formación predoutoral
Máis información