O grupo de investigación EMITUR, pertencente á Universidade de Vigo, oferta un contrato para tarefas de apoio á investigación no marco do contrato IN-0425-2019.
OFERTA DE EMPREGO: IN-0425-2019. Liña de traballo: Análise estatística de datos recollidos no marco do proxecto.
Titulación requirida: Calquera titulación universitaria sempre que se acrediten coñecementos en Estatística e no manexo da linguaxe de programación R. Valorarase positivamente estar matriculado ou ter cursado o Máster en Técnicas Estatísticas da Universidade de Vigo.
Lugar de traballo: Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus Ourense).
Duración do contrato: 45 días (20 h/semana).
Salario: a convir segundo valía.
O proceso selectivo será resolto por unha comisión formada polo/a Investigador/a Principal do Contrato de investigación e un dos membros do grupo de investigación. Criterios de valoración:
• Expediente académico do grao e do máster e a súa afinidade ao traballo a desenvolver.
• Curriculum vitae.
• Entrevista persoal (se é necesaria).
As/os interesadas/os deben enviar o seu CV completo en pdf (inf.2Mb) a: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O prazo de envío de solicitudes remata ás 14:00 horas do 17 de febreiro de 2020