A USC en colaboración coas universidades de Vigo e A Coruña, a Xunta de Galicia e a Fundación BARRIE, organiza un programa de Formación en Competencias dirixido a xoves investigadores que están a realizar o seu doutoramento nas Universidades do SUG. O formato do programa segue o modelo das GRADschools, creados no Reino Unido hai mais de 30 anos, e que constitúen hoxe unha referencia nos programas de desenvolvemento profesional para os estudantes de doutoramento das principais universidades británicas. Son cursos de 4 días deseñados para desenvolver un entorno de formación inspirador e innovador, no que se potencia a adquisición de competencias, ferramentas e información esencial para completar o doutoramento, aproveitar o potencial persoal e a toma de decisión sobre o futuro profesional.
Máis información: http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/GRADschools_2013.pdf
Os interesados deberán enviar toda a documentación solicitada na seguinte ficha http://imaisd.usc.es/ftp/oit/eventos/GRADschools 2013_2.pdf en formato pdf á dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. O prazo para a presentación de solicitudes remata o MERCORES 18 DE SETEMBRO ÁS 14:00 h.