Suxerencias, queixas e reclamacións

Se un alumno desexa formular unha reclamación acerca do Programa de Posgrao Interuniversitario de Estatística e Investigación Operativa debe seguir o seguinte procedemento:

  • Formular a súa reclamación ante o coordinador do Programa da universidade na que está matriculado.
  • A comisión formada polos tres coordinadores do Programa resolverá en primeira instancia acerca da reclamación presentada.
  • Se o alumno non está conforme con esta resolución presentará, por escrito, a reclamación no vicerrectorado correspondente da universidade na que está matriculado e seguirá os trámites lexislados por esta universidade.





Contacto - Coordinadores

Nome Cargo Teléfono
Jose Ameijeiras Alonso Coordinador General Máster y de la USC(+34)881813165
María Luisa Carpente Rodríguez Coordinadora de la UDC(+34)981167000
Leticia Lorenzo Picado Coordinadora de la Uvigo(+34)986812443

Outros links de interese

Nesta sección preséntase unha selección de enlaces de interese, relacionados en maior ou menor medida co Máster en Técnicas Estatísticas:

Universidades e Departamentos de Estatística / Matemáticas (segundo corresponda) de cada unha delas:

Web oficial da USC, páxina departamento
Web oficial da UDC, páxina departamento
Web oficial da UVigo, páxina departamento


Institutos de Estatística Oficial:

EUROSTAT: The Statistical Office of the European Communities
INE: Instituto Nacional de Estadística
IGE: Instituto Galego de Estadística

Sociedades de Estatística:

SGAPEIO: Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións
SEIO: Sociedade de Estatística e Investigación Operativa

Mención de Calidade

O Programa Interuniversitario de Posgrao de Estatística e Investigación Operativa elaborouse a partires do antigo Programa interuniversitario de Terceiro Ciclo de Estatística e Investigación Operativa que foi distinguido polo Ministerio de Educación coa Mención de Calidade nos cursos 2005-2006 e 2006-2007.

O POP de Estatística e Investigación Operativa obtivo a Mención de Calidade para os cursos 2007-2008, 2008-2009 e 2011/2012.
A resolución desta concesión pode verse a través do seguinte enlace ó Ministerio de Ciencia e Innovación:

Divulgación

¿A estatística está de moda?, ¿existe esta profesión?, ¿a estatística é unha profesión de futuro?,... preguntas como estas teñen resposta incluso en xornais tan coñecidos como o New York Times, The Boston Globe, The Wall Street Journal, ...

Nun artigo do 5 de agosto do 2009 do New York Times podemos ler a necesidade imperiosa dos estatísticos no mundo laboral, http://www.nytimes.com/2009/08/06/technology/06stats.html.

Estatísticos de Estados Unidos identificaron os 250 empleos máis comúns e os clasificaron según seis variables: ingreso, tensión, demandas físicas, crecimiento potencial, seguridade no posto e ambiente de traballo. Según esta clasificación sitúa aos estatísticos en primeiro lugar, http://www.boston.com/news/daily/16/jobs.htm. Esta información está recollida no libro The Jobs Rated Almanac (JRA). The Jobs Rated Almanac é unha publicación anual que empezou no ano 1988.

Outro artigo do 26 de xaneiro do 2009 no The Wall Street Journal sitúa aos estatísticos como a mellor profesión e aos matematicos como a primeira nun listado de 200 profesións, http://online.wsj.com/article/SB123119236117055127.html. Esta nova tamén está recollida na web Matemáticas y sus fronteras, http://weblogs.madrimasd.org/matematicas/archive/2009/02/11/112667.aspx, como resultado dun estudio de análisis de http://www.careercast.com/jobs. No ano 2002 (24 de junio) unha publicación The Wall Street Journal situaba aos estatísticos como a novena mellor profesión valorada.

Preguntas como ¿hai algunha carreira que garantice conseguir empleo e que permita traballar en campos tan diversos como a política, a saúde, a psicoloxía, a enxeñaría e a socioloxía? Sí, a opción existe e chámase Estadística, ... podemos lelo no diario arxentino La Nación, http://www.lanacion.com.ar/nota.asp?nota_id=889980.

A estatística úsase nun montón de áreas:

  • Negocios (Economía, Enxeñaría, Marketing, Informática, Consultaría...)
  • Salud e Mediciña (Xenética, Epidemioloxía, Farmacoloxía, ...)
  • Estatística Oficial (IGE, INE, EUROSTAT)
  • Ciencias Naturais (Ecoloxía, Agricultura, Física, Química...)
  • Investigación e Educación

os estatísticos analizan:

  • Determinan efectividade de novos fármacos
  • Estudios da contaminación no medio ambiente
  • Estudios de demanda de productos
  • Control de calidadd de servizos
  • Tasas de ocupación, paro, contabilidade nacional, índices de pobreza...
  • Formando profesionais en Estatística e Investigación Operativa
  • Realización de publicacións científicas
  • Asistencia Congresos nacionais e internacionais


Podríamos tomar prestada a frase do autor Herbert George Wells coñecido por H. G. Wells, "Chegará o día en que o pensamento estatístico será unha condición tan necesaria para a convivencia eficiente como a capacidade de ler e escribir" para falar de actualidade estatística......