Máster en Técnicas Estatísticas / Doutorado en Estatística e Investigación Operativa PDF Imprimir Correo-e

Benvido á páxina web do Máster en Técnicas Estatísticas e do Doutorado en Estatística e Investigación Operativa. Nesta páxina poderás atopar información relativa ás actividades do Máster  e do Doutorado.

Este Programa Interuniversitario de Posgrao (Programa) xorde da transformación do Programa de Terceiro Ciclo de Estatística e Investigación Operativa, tamén de carácter interuniversitario, que comezou a impartirse no curso 2000-2001 e no que se formaron un amplo grupo de doutores da área de Estatística e Investigación Operativa nos últimos anos.

O nacemento do Programa de terceiro ciclo, en primeiro lugar, e do actual Programa de Estatística e Investigación Operativa xorde coa fusión do potencial docente e investigador, nesta área, das tres universidades galegas: A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela e a participación de profesores invitados de recoñecido prestixio de universidades nacionais e estranxeiras.