Convocatoria do Procedemento de Selección para a contratación, mediante contrato en réxime temporal, de persoal de apoio a investigación para o CINBIO (Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019).
Financiamento: Axudas da Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG, cofinanciadas polo Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, segundo resolución do 24 de novembro de 2016.
Convocatoria e requisitos de acceso:
CINBIO 24 . Responsable da Unidade de Xestión (Centro Singular).
CINBIO 25 . Análise bioinformático de dados NGS. Predoutoral.
Requisitos:
- Grao en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou campos relacionados. Mestrado en Bioinformática, Xenómica, Bioloxía, Biotecnoloxía, Informática, Estatística ou outras disciplinas científicas relacionadas.
- Experiencia no análise computacional de dados NGS (Next‐Generation Sequencing).
- Experiencia en programación de tuberías bioinformáticas en Perl, Python, R ou similar.
Habilidades:
- Coñecementos de xenómica tumoral.
- Coñecementos de bioloxía evolutiva.
- Coñecementos de estatística.
- O/A candidato/a debe estar altamente motivado/a, ser un/unha traballador/a independente coa intención de avanzar na súa tese.
- Habilidades de comunicación para traballar nun grupo diverso.
Liña de investigación: Xenómica do cancro.
Envío de solicitudes a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. .
Data límite de envío: 15 de Outubro 2017 (16:00 , hora local).