EMPLEO | Convocatoria USC persoal investigador de iniciación_alumnos máster

DESCRICIÓN:

A USC ven de publicar 2 contratos de 6 meses de duración a tempo parcial (50% xornada) para persoal investigador en iniciación dirixidos ao alumnado matriculado no actual curso académico, 2025-2026 nun Máster oficial da USC e que inician a súa andaina na investigación.

CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO:

- O importe da contrato, será de 578,34 € brutos mensuais e a parte proporcional das pagas extraordinarias, no seu caso, devengadas.

- A duración destes contratos será de 6 meses, e o inicio da mesma será o primeiro día do mes seguinte ao da resolución definitiva de concesión, e sempre que a persoa beneficiaria achegue toda a documentación requirida para poder activar a súa alta indicada na base décimo cuarta desta convocatoria.

- A xornada de traballo será ao 50 por cento da xornada de dedicación diaria (17, 5 horas semanais).

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN:

- Estar matriculados nun Máster oficial da USC no curso 25-26.

- Na data de inicio do seu contrato, a persoa beneficiaria non poderá ter ningún contrato laboral vixente cunha entidade de carácter publico ou privado.

- Deberán estar en posesión dun título universitario do sistema educativo, que lles habiliten ou capaciten para o exercicio da súa actividade laboral.

- A data límite da obtención do titulo establecido no parágrafo anterior deberá estar dentro dos 3 anos anteriores ou, dos cinco anos no caso de persoas que acrediten algunha discapacidade, á data fin do prazo de solicitudes desta convocatoria.

- Non poderán participar aquelas persoas que xa obtiveran unha experiencia profesional ou realizado algunha actividade formativa na USC por mais de 3 meses (non se terán en conta para estes efectos os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para a obtención da titulación ou certificado que habilita esta contratación).

- A formalización da matricula nun programa de doutoramento será causa de extinción do contrato.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

A presentación de solicitudes farase a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, empregando o formulario de solicitude dispoñible dirixida á Subárea de Convocatorias e de RRHH ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte da publicación no Taboleiro Electrónico e rematará aos 10 días naturais a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Máis información