CURSO | Xornada de Usuarios de R en Galicia

DESCRICIÓN:

O comité organizador da Xornada de Usuarios de R en Galicia vén de publicar unha versión provisional do Programa, que se irá actualizando durante os próximos días.

A asistencia a esta xornada é libre e de balde. Tan só é necesario encher o formulario de Inscrición.

Se non é posible a asistencia de xeito presencial, tamén se poderá seguir en directo a través da canle da xornada en YouTube.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e MeLiSA para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

ANÍMATE E PARTICIPA!

INSCRICIÓN DE BALDE