DESCRICIÓN:
Expresión de interese - Técnico/a investigador/a en machine learning e ciencia de datos.
Iniciase o procedemento de preselección de candidaturas para unha praza de técnico/a investigador/a en machine learning e ciencia de datos.
Esta praza xestionada por CESGA terá o seu lugar de traballo no CINBIO co grupo Nanomateriais Biomiméticos, aínda que está englobada no proceso selectivo para contratar varios investigadores/as e técnicos/as para o Demostrador Multisectorial DATAlife (Espazo de Datos).
As bases das prazas publicaranse próximamente.
Se estás interesada ou interesado, envía o teu cv a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
O obxectivo é crear un Espazo de Datos que permita a colaboración entre os axentes do ecosistema biosanitario. O proxecto facilitará a explotación de datos para a investigación, e definirá os sistemas de gobernanza que permitirán no futuro a utilización dos datos por empresas e axentes públicos do ecosistema. Se tes interese na investigación no campo biosanitario ou agroalimentario, na ciencia de datos ou en técnicas avanzadas de explotación de datos e a Intelixencia Artificial, esta é a túa ocasión de participar nun dos primeiros grandes proxectos público-privados nesta área de vangarda.
Buscamos investigadores/as de campos biosanitarios e de Datos e Intelixencia Artificial que colaboren entre si para deseñar os sistemas de compartición e explotación de datos que usará o ecosistema biosanitario e agroalimentario no futuro.