BECAS | Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster

Esta convocatoria interna en colaboración có Banco Santander ten por obxecto promover o acceso e a iniciación á investigación para estudantes matriculados no curso 20-21 nun máster oficial da USC que demostraron un alto nivel de rendemento académico no grao, a través dun plan de formación básica en investigación centrado nun traballo de investigación supervisado. Para tal fin, o Vicerreitorado de Investigación e Innovación convoca 30 bolsas de iniciación á investigación. O número de bolsas poderá ser incrementado en función da dispoñibilidade orzamentaria.

1. Información da convocatoria
2. Realizar solicitude rexistro USC
3. Bolsas Máster USC-Santander