Bolsas de formación de xaneiro a xuño.
Tería unha dedicación entre 15 e 20 horas semanais
A remuneración moveríase no entorno dos 500 euros, o que é común neste tipo de Bolsas.
O alumno/a recibiría formación sobre procesos de cuantificación e análise do impacto social e económico das enerxías renovábeis. Tamén sobre a configuración do marco normativo das enerxías renovábeis.
As súas tarefas serían acompañamento das accións do Observatorio Eólico de Galicia. Especialmente, dado o seu perfil de estudos tería como principal misión analizar os resultados dunha enquisa de aceptación social da enerxía eólica (desenvolvida a escala de un concello), e definir unha enquisa a nivel galego para avaliar o nivel de aceptación social das enerxías renovábeis e da eólica en particular.
Máis información