Selección candidatos/as Subprograma Persoal Técnico Apoio I+D+i MINECO 2015 (Prazas 7, 8, 9 e 10)

SUBPROGRAMA DE PERSOAL TÉCNICO DE APOIO Á I+D+i DO MINISTERIO DE ECONOMÍA E COMPETITIVIDADE – 2015

Con motivo da publicación da convocatoria do Subprograma de Persoal Técnico de Apoio á I+D+i do Ministerio de Economía e Competitividade (Subprograma Estatal de Incorporación para o ano 2015 - Resolución de 2 de decembro de 2015, BOE de 7 de decembro) a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia precisa seleccionar candidatos/as para solicitar na dita convocatoria as prazas que se indican máis abaixo.
Os/As interesados/as deberán enviar á dirección de correo electrónico This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. ata as 14:00 h do luns 18 de xaneiro de 2016 a seguinte documentación:
- Datos persoais e de contacto do/a interesado/a, e a praza que solicita
- Curriculum vitae
- Copia do expediente académico
- Xustificantes da experiencia que se indica en cada caso
É imprescindible indicar no asunto do correo a referencia da praza solicitada.
Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes, a comisión de selección procederá á avaliación das mesmas. Poderá ser realizada unha entrevista cos/coas solicitantes preseleccionados/as. Así mesmo, tamén poderá solicitarse a presentación dos xustificantes orixinais ou outra información adicional relativa aos méritos indicados no currículum vitae.

Ref. PRAZA 7 – Técnico con experiencia en Modelización Molecular – CINBIO
Requerimentos:
- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016)
- Ter a titulación de licenciatura ou grao Química, Física, Farmacia, Bioloxía ou afíns con experiencia en Química Computacional.
- Experiencia: valorarase formación e experiencia acreditada no deseño baseado na estrutura, en estudos de relación estrutura-actividade, así como na aplicación de cálculos DFT, de Mecánica e Dinámica Molecular na xeración de modelos de interacción fármaco-receptor e optimización das propiedades dos potenciais cabezas de serie.

Ref. PRAZA 8 – Técnico con experiencia en citometría de fluxo– CINBIO
Requerimentos:
- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016)
- Ter a titulación de licenciatura ou grao en Bioloxía, Veterinaria, Medicina, Química, Bioquímica, Enxeñaría Química, Enxeñaría biomédica ou afíns.
- Experiencia: valorarase formación e experiencia xustificada documentalmente en análise de células mediante inmunofluorescencia en citometría de fluxo e separación celular (sorter), en deseño experimental de marcaxe de células e análise de gráficas de citometría.

Ref. PRAZA 9 – Técnico con experiencia en Bioestadística– CINBIO
Requerimentos:
- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016)
- Ter a titulación de licenciatura ou grao en Matemáticas ou Estatística con experiencia na aplicación de métodos estatísticos á resolución de problemas do ámbito das Ciencias da Vida e da Saúde.
- Experiencia: valorarase formación xustificada documentalmente en modelos e métodos estatísticos avanzados para a resolución de problemas complexos e no manexo de software estatístico libre.


Ref. PRAZA 10 – Técnico con experiencia en Espectrometría– CINBIO
Requerimentos:
- Non ter vinculación laboral coa Universidade de Vigo na data de presentación da solicitude (xaneiro-febreiro 2016)
- Ter a titulación de licenciatura ou grao en Física, Química ou Enxeñaría.
- Experiencia: valorarase formación e experiencia xustificada documentalmente en diferentes técnicas espectrométricas (absorción UV-Vis, IR, fluorescencia, Raman, Masas, Emisión de plasma, etc).