O programa IACOBUS financia proxectos de intercambio que se efectuarán entre o 1 de febreiro e o 30 de xuño de 2018.
Información importante para:
-Alumnado matriculado en estudos de doutoramento da USC:
O alumnado interesado deberá enviar cuberto o “Anexo II: Carta de institución de orixe para estadía baixo o programa Iacobus”, antes do día 15 de novembro de 2017, ao enderezo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. Lémbrase que, de ser concedida a estadía, a alumna ou alumno deberá solicitar a autorización da estadía á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), conforme ao indicado no artigo 6.8 do Regulamento de Estudos de Doutoramento da USC.
-Alumnado de doutoramento que veña facer unha estadía á USC:
O persoal docente da USC que titorizará a estadía na USC, será quen solicitará ao CIEDUS a sinatura do “Anexo I: Carta da institución de destino da estadía-Programa Iacobus”, que deberá enviar cuberto e con indicación dun correo electrónico onde remitilo, antes do día 15 de novembro de 2017, ao enderezo This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.
Lémbrase que, de ser concedida a estadía, o persoal docente responsable da estadía deberá dar de alta á alumna ou ao alumno no Rexistro de Investigadores Visitantes, e a alumna ou alumno de doutoramento deberá formalizar a matrícula por estadía de investigación.