DENOMINACIÓN: SISTEMA DE INSPECCIÓN DE CONFORMIDADE INTERIOR DE VEHÍCULOS EN LIÑAS DE PRODUCIÓN DE OEMS MEDIANTE DRONS AUTÓNOMOS PREPROGRAMADOS, AFID. Proxectos de colaboración público-privada 2021, do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Proxecto CPP2021-008513 financiado por MCIN/AEI/10.13039/501100011033 e pola Unión Europea NextGenerationEU/ PRTR.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-03/2023.
DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLOS A REALIZAR: realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “sistema de inspección de conformidade interior de vehículos en liñas de produción de OEMS mediante drons autónomos preprogramados, AFID”.
FUNCIÓNS A REALIZAR: realizar os traballos de investigación para o desenvolvemento das redes neuronais, tanto para a análise de imaxe, como para o sistema de navegación do dron.
RESPONSABLES: Profesor D. Javier Roca Pardiñas e Profesor D. Alberto Pérez Muñuzuri.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
o Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase grao ou licenciatura en matemáticas e máster en técnicas estatísticas. Igualmente valorarase grao, licenciatura e/o máster en física (20 puntos).
o Experiencia previa en análise e programación de algoritmos de predición (10 puntos).
o Coñecementos avanzados e experiencia previa no uso de linguaxes de programación (10 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Coñecementos e experiencia previa en técnicas de machine learning e predición relacionada coa temática do proxecto. Valorarase experiencia con software R (15 puntos).
o Coñecementos e experiencia previa en procesado de imaxe (15 puntos).
Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaranse polo menos ás tres persoas candidatas con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzasen polo menos 45 puntos.
CONDICIÓNS:
Retribución bruta mensual: 1.670,89 € en 14 pagas.
Data inicio prevista: A partir do día seguinte á data de resolución da selección.
Tipo de contrato: Contrato asociado a la ejecución del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.
Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
Duración: 29 meses
Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
ENVÍO DE SOLICITUDES
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 24 de marzo de 2023 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-03/2023. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán achegar documentación orixinal dos méritos achegados.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 24 de marzo de 2023 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: semana do 27 marzo de 2023.
Resolución da convocatoria: segunda quincena de marzo 2023.
Máis información: https://citmaga.gal/w/citmaga-ot-03/2023