EMPLEO | OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-26-2022: 1 contrato como investigador/a colaborador/a a tempo parcial: “Consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético”.

DENOMINACIÓN: “Consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-26/2022.

DESCRICIÓN DO PUESTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLO A REALIZAR: traballos de consolidación de ferramentas de desenvolvemento e validación de modelos de optimización no ámbito enerxético.

FUNCIÓNS A REALIZAR. Tarefas: documentación, elaboración de código, validación de modelos de optimización matemática e emisión de informes.

RESPONSABLES: Profa. Dra. Beatriz Pateiro, Prof. Dr. Francisco Pena Brage e Prof. Dr. Julio González Díaz.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as ou equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grao/licenciatura e/o máster. Valorarase máster de especialización con contidos en modelización/optimización matemática (10 puntos).
o Coñecemento e experiencia en modelización de problemas optimización matemática (10 puntos).
o Coñecemento e experiencia en linguaxes de modelización como AMPL, GAMS, JUMP, Pyomo... (10 puntos).
o Coñecemento e experiencia en entornos "cloud", bases de datos, software de control de versións ... (10 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Experiencia específica en modelización de problemas de optimización matemática a través de Python e Pyomo (15 puntos).
o Experiencia específica en proxectos no ámbito da optimización matemática en eficiencia enerxética (15 puntos).

Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativas funcións do posto. Entrevistarase polo menos aos/ás tres candidatas/os con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 45 puntos.

CONDICIONS:
Retribución bruta mensual: 803,125 € en 14 pagas.
Data inicio prevista: a partir do día seguinte á data de resolución da selección.[1]
Tipo de contrato: contrato por circunstancias da produción.
Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
Duración: 3 meses [2]
Xornada laboral: a tempo parcial (17.5 horas semanais).

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 6 de decembro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais primeira quincena de decembro de 2022.
Resolución da convocatoria: primeira quincena de decembro de 2022.

ENVÍO DE SOLICITUDES

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 6 de decembro de 2022 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-26/2022.

Máis información: https://citmaga.gal/w/citmaga-ot-26/2022