OFERTA DE EMPREGO “CONTRATO DE SUBSTITUCIÓN PARA A COBERTURA DE POSTO POR PERMISO DE NACEMENTO E COIDADO DE MENOR”:
DENOMINACIÓN: Contratación no marco do programa propio de investigación do consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), aprobado polo Consello Reitor o 25 de maio de 2022, para o desenvolvemento da Axenda Científica do CITMAga. Na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-23/2022.
DESCRIPCIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a.
TRABALLO A REALIZAR: realización de tarefas de investigación na área de Investigación e Transferencia “Competitividade Industrial” dentro do programa de investigación “Modelización matemática para a industria” e na liña de investigación “Modelado, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia e da industria”.
FUNCIONS A REALIZAR: modelización matemática, simulación numérica, optimización e control de problemas da ciencia y da industria.
PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as, o equivalentes.
MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
Formación e experiencia xeral a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Expediente académico do grado/licenciatura/enxeñería. Expediente do mestrado (en seu caso). Título de doutor (en seu caso). Valoraranse licenciados/as, enxeñeiros/as, graduados/as e mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática (ou similares). Grado de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Matemática Aplicada e Industrial (25 puntos).
o Coñecementos de inglés (5 puntos).
Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
o Formación e experiencia acreditada en: modelización, simulación numérica, optimización e control; na implementación e validación no ordenador de algoritmos e métodos numéricos propios de estas disciplinas (25 puntos).
o Formación e experiencia acreditada en: programación en linguaxes de cálculo científico (C, Fortran, Python, Matlab, etc.) (10 puntos).
o Formación e experiencia acreditada no uso de software de simulación numérica e optimización (5 puntos).
Entrevista persoal (30 puntos).
As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistarase polo menos ás tres persoas candidatas mellor valoradas e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 40 puntos.
CONDICIONS:
Retribución bruta mensual: 1.606,52 € en 14 pagas.
Data de inicio prevista: a partir do 8 de outubro de 2022.
Tipo de contrato: Contrato temporal, (contrato de substitución para la cobertura de posto por permiso de nacemento e coidado de menor).
Categoría laboral: investigador/a colaborador/a.
Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).
Duración: 16 semanas.
LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.
PRAZOS E RESOLUCIÓN:
Recepción de solicitudes: ata o 25 de setembro de 2022 ás 23:59 horas
Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: segunda quincena de setembro de 2022.
Resolución da convocatoria: outubro de 2022.
Máis información: https://citmaga.gal/es/w/citmaga-ot-23/2022