O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and
Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo
ofrece dous contratos a tempo parcial de iniciación á investigación.
A investigación encadrarase nunha das liñas de investigación do grupo
SiDOR (inferencia non paramétrica, regresión semiparamétrica e non
paramétrica, análise de supervivencia, teoría de xogos, teoría da
decisión, investigación operativa etc.).
Requisitos:
- Formación específica (grao, mestrado etc.) na área de Estatística e
Investigación Operativa.
- Coñecementos de programación. Manexo de software estatístico.
- Bo nivel de inglés falado e escrito.
Criterios de valoración:
- Expediente académico de grao/licenciatura e de mestrado. Curriculum vitae.
- Entrevista persoal.
Descrición do traballo:
- Salario bruto: 700 euros/mes.
- Xornada de traballo semanal: 20 horas/semana.
- Duración do contrato: 6 meses.
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Campus Universitario Lagoas-Marcosende (Vigo).
Presentación de solicitudes e prazo:
- Correo electrónico a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. con tema: Praza Iniciación á
Investigación SiDOR.
- Achegar carta de presentación, expediente académico de grao e mestrado e CV.
- Prazo: ata as 14:00 horas do 2 de marzo de 2022.
Entrevistas persoais e resolución:
- Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista
persoal. Non se manterá correspondencia co resto dos solicitantes.
- Data prevista de inicio do contrato: 29 de marzo de 2022.