EMPLEO | OFERTA DE EMPREGO CITMAga-OT-13/2021: 2 contratos como investigadores/as con experiencia para o proxecto de investigación: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”.

Oferta de emprego de 2 contratos como investigadores/as con experiencia para o proxecto de investigación: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”.

PROXECTO: “Sistema experto de mellora de solucións e optimización de procesos de produción biosostibles”.

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-13/2021.

DESCRIPCIÓN DO POSTO: 2 contratos a xornada completa como investigadores/as con experiencia para o proxecto de investigación no marco do contrato entre CITMAga (Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia), e unha empresa do sector da enerxía.

RESPONSABLES: Profa. Dra. Beatriz Pateiro, Prof. Dr. Francisco Pena Brage e Prof. Dr. Julio González Díaz.

PERFIS DOS CANDIDATOS: Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as con Mestrados relacionados coas Matemáticas, a Física, a Enxeñería e a Informática.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:
• Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
1) OT-13/2021/P1: Perfil orientado á predición de mercados e optimización estocástica.
o Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería e/ou mestrado.
o Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Estatística e a Investigación Operativa.
o Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística e na inclusión da incertidume nos modelos estocásticos, así como na implementación e validación en ordenador de algoritmos e métodos propios destas disciplinas.
o Coñecementos de inglés.

2) OT-13/2021/P2: Perfil orientado a programación de aplicacións de optimización estocástica.
o Expediente académico do grao ou licenciatura, enxeñería e/ou mestrado.
o Grao de afinidade das titulacións do candidato cos ámbitos da Informática, e a Estatística e Investigación Operativa.
o Coñecemento e experiencia previa na implementación de algoritmos de optimización matemática, especificamente, en algoritmos de programación estocástica, e a súa distribución a través de aplicacións web e na creación de interfaces gráficas de usuario.
o Coñecementos de inglés.

• Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
Á hora de valorar as candidaturas presentadas tamén se tomará en consideración a experiencia nalgúns dos seguintes campos, todos eles relacionados cos ámbitos de investigación do Proxecto, non sendo necesario ter experiencia en todos eles:
o Programación/optimización matemática.
o Programación/optimización estocástica.
o Implementación e validación de algoritmos de optimización matemática.
o Predición estatística con series de tempo.
o Técnicas de redución de escenarios.
o Programación en linguaxes de cálculo científico (Python, R, etc.).
o Uso de bases de datos non relacionais.
o Uso da plataforma de Microsoft Azure.
o Creación de interfaces web para aplicacións científicas mediante ferramentas específicas (HTML, CSS, JavaScript, Django, etc.).

A valoración destes méritos farase en función do perfil máis adecuado para cada candidato/a.

1) OT-13/2021/P1: Prazas do perfil 1.
Valorarase a experiencia previa na predición de mercados e a optimización estocástica para a resolución de problemas de planificación en plantas de proceso industrial.
2) OT-13/2021/P2: Prazas do perfil 2.
Valorarase a experiencia previa na implementación en ordenador de algoritmos de optimización matemática relacionados coa planificación en plantas de proceso industrial, tamén na elaboración de interfaces de usuario asociadas a estas implementacións.

• Entrevista persoal (30 puntos).
Os/as candidatos/as seleccionados/as dacordo cos criterios anteriores serán convocados a unha entrevista persoal e a unha proba relativa ás funcións do posto. Entrevistarase ao menos aos tres candidatos/as mellor valorados/as e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran ao menos 35 puntos.

REQUISITOS XERAIS DOS CANDIDATOS
Para ser admitidas/os, as persoas aspirantes, ademais de cumprir os requisitos específicos esixidos na actividade ou proxecto para a que realicen a súa solicitude indicados no punto anterior, deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes e mantelos ata a data prevista de finalización do contrato, os seguintes requisitos de carácter xeral:
o Ter nacionalidade española ou dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún estado, ao que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
o Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas con nacionalidade española e de algún dos demais Estados membros da Unión Europea, e cando así o prevea o correspondente tratado, o dos nacionais de algún estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe, menores de vinte un anos ou maiores de dita idade que vivan ao seu cargo.
o Así mesmo poderán participar as persoas con nacionalidade de países non membros da Unión Europea ou que non estean incluídos no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. No obstante, a formalización do contrato laboral con estes nacionais queda condicionada a que os aspirantes teñan concedida a excepción ou permiso de traballo e residencia legal en España.

o Ter cumpridos os 16 anos.
o Estar en posesión da/s titulación/s válida/s en España que se indique/n de acordo á lexislación española.
o Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física o psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes.
o Non estar separado, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño das funcións públicas.

CONDICIÓNS:
o Retribución bruta mensual: 1.862,63 € en 12 pagas.
o Data inicio prevista: incorporación inmediata, a partir do 1 de xaneiro de 2022. A contratación entrará en vigor en canto a dispoñibilidade da actividade o permita.
o Duración e data estimada fin de obra prevista: 31 de decembro de 2022.
o Xornada laboral: a xornada completa.

LUGAR DE TRABALLO: Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES
As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 7 de decembro de 2021 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería, Mestrado, Doutorado; e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. indicando en “asunto” a referencia da oferta co perfil ao que se opta, é dicir: CITMAga-OT-13/2021/P1 ou CITMAga-OT-13/2021/P2. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. Os candidatos que sexan convocados á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.

MÁIS INFORMACIÓN: Na web en: http://www.itmati.com/citmaga-ot-13-2021