EMPLEO | Oferta de traballo: Contrato de Técnico de Investigación - INOU

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo oferta 1 contrato de técnico de investigación en Estatística e Investigación Operativa con cargo ao proxecto “Análise estatística do mercado de aloxamento turístico da provincia de Ourense dende unha nova perspectiva: a análise de datos composicionais.”.


Requisitos globais dos/as candidatos/as:
• Titulación requirida: Titulación de Grao Universitario ou equivalente.
• Preferiblemente ter cursado o Máster Interuniversitario en Técnicas Estatísticas.
• Coñecementos en Estatística e no manexo da linguaxe de programación R.
• Bo nivel de inglés falado e escrito

Criterios de valoración:
• Expediente académico do grao e do máster.
• Curriculum vitae.

Descrición do traballo:
• Salario bruto: 1200 euros/mes (segundo a valía do candidato)
• Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
• Duración do contrato: de 2 meses
• Centro de traballo: Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Campus de Ourense.

Presentación de solicitudes e prazo:
• Mediante correo electrónico dirixido a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. co seguinte asunto: Contrato Tec Inv - Inou
• Achegar expediente académico de grao/máster e CV
• Prazo: ata as 14:00 horas do 2 de Xullo de 2021

Proceso selectivo e resolución:
• O proceso selectivo será resolto por unha Comisión de Avaliación formada por tres membros do grupo de investigación SiDOR.
• Todas as resolucións da Comisión de Avaliación faranse públicas no taboleiro de anuncios situado no quinto andar do Edificio Xurídico-Empresarial de Ourense.