EMPLEO | Contratos de iniciación a la investigación - UVigo

Oferta de traballo: Contratos de iniciación á investigación

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece contratos para realizar tarefas de iniciación á investigación na área da estatística non paramétrica e semiparamétrica. Os contratos están financiados polo proxecto de investigación MECANOS2 (MTM2017-89422-P), dirixido por Juan Carlos Pardo Fernández (This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.) e Jacobo de Uña Álvarez (This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it.).

As persoas seleccionadas desenvolverán metodoloxía estatística nalgunha das liñas de investigación do grupo:
• métodos para datos de alta dimensión;
• análise de supervivencia, datos dobremente truncados e modelos multi-estado;
• estimación non paramétrica de curvas;
• curvas ROC;
• métodos de bondade de axuste e tests en modelos de regresión;
• aplicacións prácticas.

Requisitos:

• Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística a nivel de posgrado.
• Manexo de software estatístico e coñecementos de programación.
• Bo nivel de inglés falado e escrito.

Criterios de valoración:
• Expediente académico do grao.
• Expediente académico de máster, no seu caso.
• Curriculum vitae (CV).
• Entrevista persoal.

Descrición do traballo:
• Salario bruto: 1250 euros/mes
• Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
• Duración do contrato: entre 2 e 3 meses
• Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
• No caso de alumnos/as de posgrao, a investigación realizada poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM).

Presentación de solicitudes e prazo:
Mediante correo electrónico dirixido a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. co seguinte asunto: Praza iniciación á investigación SiDOR/MTM2017
Achegar expediente académico de grao/máster e CV.
Prazo: ata as 14:00 horas do 14 de maio de 2021

Entrevistas persoais e resolución:
• Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal
• Data prevista de inicio do contrato: principios de xuño de 2021

Máis información