O Servizo de Normalización Lingüística da UDC publicou a convocatoria de axudas á investigación en lingua galega correspondente a este ano 2020 e que abrangue aqueles traballos (TFM, TFG, PFC e teses de doutoramento) que se presentaran e defenderan desde o 31/10/2019 (data de peche da anterior convocatoria) ata hoxe mesmo e tamén os traballos que se vaian defender a partir de hoxe mesmo.
En ambos os casos o prazo de presentación da documentación é de tres meses (o mes de agosto non conta).
O procedemento é moi sinxelo e con moi pouca documentación, mais o recomendable é que o alumnado lea o texto íntegro da convocatoria.
Toda a información está na seguinte ligazón:
https://www.udc.gal/gl/novas/Convocatoria-de-axudas-a-investigacion-en-lingua-galega-2020/