Misión. O GI-1914 é un grupo de referencia competitiva, no seu ámbito de coñecemento, tanto pola súa actividade investigadora en ciencia básica (estatística, investigación operativa, teoría de xogos e optimización) como pola transferencia de resultados ao sector produtivo.
Visión. O GI-1914 pretende consolidarse como un referente da investigación de excelencia orientada á cuantificación da incertidume en escenarios complexos, tanto a nivel nacional como internacional, querendo ser recoñecido non só pola calidade e cantidade das súas publicacións, se non tamén pola súa capacidade de transferencia de coñecemento ao tecido económico e social e o seu papel como dinamizador da cultura científica.
Valores. O GI-1914 desenvolve a súa actividade baixo os principios de excelencia científica, de colaboración tanto dentro do grupo como con outras áreas, de igualdade de oportunidades e de compromiso coa ciencia en aberto.