Oferta de empleo - USC

Convocatoria Pública Ordinaria 4/2021 de contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación

Resumo:
O obxecto da presente convocatoria é a contratación de persoal para colaborar nas actividades e proxectos de investigación que figuran no anexo da presente convocatoria.

O persoal contratado colaborará e traballará especifica e unicamente na actividade ou proxecto de investigación para o que é contratado, que é de carácter finalista e en todo caso non estrutural, mediante o financiamento externo a través da participación en convocatorias públicas ou privadas, subscrición de convenios, concesión de subvencións, etc.

A forma de provisión será a de concurso de méritos, a través da valoración dos criterios de baremación establecidos para cada praza.

REFERENCIA DA PRAZA: 2020-PG014

Denominación: Consolidación 2020 GRC GI-2127 Grupo de Bioestatística e Ciencia de Datos Biomédicos – GRID

Proyecto financiado por la Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Centro de Traballo Facultade de Medicina e Odontoloxía

Investigador principal CADARSO SUAREZ, CARMEN MARIA

Membros da Comisión Especializada de Selección:

Presidente/a: CADARSO SUAREZ, CARMEN MARIA

Secretario/a: PEREIRO FERREIROS, MANUEL

Vocal: GUDE SAMPEDRO, FRANCISCO

Traballo a realizar: Implementación de modelos de regresión joint modeling para aplicación en ciencias da saúde, especialmente en epidemioloxía e medicina clínica

Funcións a realizar: Apoio metodolóxico estatístico aos investigadores do grupo en estudos de ciencias da saúde especialmente en diabetes, enfermidades cardiovasculares, COVID-19 e depresión peri e postparto., Apoio en actividades científicas de colaboración con grupos de investigación internacionais. , Revisión metodolóxica de joint models para supervivencia e datos lonxitudinais, regresión distribucional, regresión con respostas multivariantes considerando función cópula, regresión de resposta transformada e regresión bayesiana., Desenvolvemento de software estatístico

Ligazón de interese: imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-129