O solicitante realiza unha petición a través dun formulario web, no que se rexistran datos de contacto e unha breve descrición da petición.
A partir do rexistro web, a técnico elaborará unha breve memoria da proposta. Se fose necesario, contactaría co solicitante para ampliar información. Esta proposta envíase ao Director do servizo.
O Director, ou director/es técnico/s en quen delegue, valoran a proposta.
Se considera que non procede atendela, comunícallo ao técnico, que se pon en contacto co solicitante para informalo de que a súa solicitude non será atendida.
Noutro caso, a proposta envíase a tódolos membros do departamento. Os interesados presentarán a súa proposta ao director. Se só hai un investigador ou un grupo interesado en realizar o traballo, os técnicos convocan unha reunión co solicitante para tratar con máis detalle a proposta. Os técnicos elaborarán unha memoria para o convenio. No caso de que houbese máis dun investigador ou dun grupo interesados, a Comisión Científica do servizo reunirase e tratará de que saia unha única proposta.