Wenceslao González Manteiga

Catedrático de Estatística
Universidade de Santiago de Compostela - USC

Wenceslao González Manteiga é Catedrático de Estatística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) desde 1992. É coordinador do grupo de Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións (MODESTYA), seleccionado como grupo competitivo na Comunidade de Galicia e investigador principal de proxectos activos neste momento a nivel autonómico, nacional e europeo. Membro da Real Academia Galega de Ciencias ( RAGC). Ten experiencia liderando proxectos relacionados coa transferencia tecnolóxica. É autor ou coautor de máis de 200 publicacións en revistas de impacto en diversos ámbitos, editor convidado nas revistas Environmetrics e CSDA e coautor de máis de 500 comunicacións presentadas en congresos nacionais e internacionais. Foi editor e coeditor de diversas revistas internacionais de impacto.


Organizador de diversos eventos científicos. Coordinador de importantes redes de Matemáticas como a Consulting and Computing in Mathematics e xestor na realización de numerosos proxectos con Empresas. Dirixe e codirige varias teses doutorais. É relator convidado en varios congresos relevantes de Estatística a nivel nacional e internacional. Obtivo diversos premios de investigación.


Curriculum Vitae
Curriculum en formato do Ministerio
Curriculum abreviado en formato do Ministerio (ES)
Curriculum abreviado en formato do Ministerio (EN)
Curriculum abreviado (ES)
Curriculum xeral
Curriculum en inglés