^Back To Top

Benvido ao GSNSI

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference (GSNSI) os días 8 e 9 de Xuño do 2016.

Desde que a finais dos anos 80 e principios dos 90 organizáranse distintos seminarios locais de Inferencia non Paramétrica, liderados polo profesor Wenceslao González Manteiga, na Universidade de Santiago de Compostela, a evolución metodolóxica da Estatística co entorno de aplicacións aos distinto ámbitos: Ciencias da Saúde, Finanzas, Enerxía, Computación e un longo etc, foi moi frutífera. En particular, como consecuencia da segregación da Universidade de Santiago en tres Universidades, a propia e as outras dúas Universidades de Coruña e Vigo, no norte e sur de Galicia, a organización dos devanditos seminarios se internacionalizouse con eventos de gran importancia, a escala mundial, na Inferencia non Paramétrica, nas tres Universidades ao longo dos 25 anos seguintes. En gran medida, isto foi debido á influencia dos diversos doutores en Estatística que se formaron baixo a dirección ou codirección do profesor Wenceslao González Manteiga e de cuxas diversas xeracións xurdiron investigadores de gran relevancia internacional e que actualmente lideran numerosos campos de investigación dentro da Inferencia Estatística non Paramétrica nas tres Universidades Galegas con desenvolvementos notables de transferencia da metodoloxía ao sector produtivo.

Con motivo do 60 aniversario do profesor Wenceslao González Manteiga, director ata a actualidade de 30 teses doutorais, organízase este evento, coa denominación: “Galician Seminar of Nonparametric Statisitical Inference (GSNSI)” coa idea de mostrar nunha serie de conferencias os avances que se deron ao longo destes anos e na actualidade nos diferentes grupos de investigación de Estatística en Galicia. Á súa vez estes relatorios compleméntanse con outras de investigadores que mostraron ao longo dos anos unha frutífera colaboración cos investigadores galegos. Obviamente nunhas xornadas de dous días é imposible ter a presentación da investigación desenvolvida por todos os distintos integrantes dos grupos galegos e dos investigadores externos colaboradores. O grupo de charlas que se impartirán representan unha mostra "representativa" dos diversos colectivos, doutores do profesor Wenceslao González Manteiga e investigadores de gran prestixio que colaboraron coa investigación en Galicia ao longo dos últimos 25 anos.

Dado que se abordarán numerosos temas, estas xornadas poden de ser interese, non só para o colectivo de doutores antes mencionado, senón para moitos dos seus discípulos, para os estudantes de doutoramento en xeral ou para a comunidade científica con intereses próximos á investigación ou ao desenvolvemento científico da Estatística.

Esperamos vervos pronto, gozando do seminario e da cidade!

O Comité Organizador

2016. Galician Seminar of Nonparametric Statistical Inference