Ciclo de conferencias: Bioestadística para vivir

Ciclo de Conferencias: "Bioestadística para Vivir"
Data: 6 de maio de 2015
Horario: de 16:00 a 19:30
Lugar: Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC (Campus Vida).

Este ciclo de conferencias pretende fomentar e poñer en valor:

- O uso de aproximacións multidisciplinares para, dende un punto de vista estatístico, resolver cuestións en diversas disciplinas: medicina, bioloxía ou medioambente.
- A necesidade de profesionais con perfís transversais a diferentes áreas de coñecemento.
- O diálogo informal entre especialistas de diferentes disciplinas.

Por isto, esta xornada reúne a alumnos da Universidade, profesionais en distintos ámbitos científicos e tecnolóxicos, e en xeral a todas aquelas persoas con interese en coñecer como a estatística pode axudar a resolver cuestións de tipo científico.

Para poder acudir á xornada é preciso formalizar a inscrición online (o plazo finalizará o día 5 de maio de 2015).

Toda a información relativa ao ciclo de conferencias , así coma o formulario de inscrición están dispoñibles na seguinte ligazón:

http://icbusc.com/event/ciclo_bioestadistica

O Ciclo de conferencia será retransmitido en directo a través da USC TV. Link de acceso: tv.usc.es/directo2.html

Entregarase certificado de asistencia a aquelas persoas que así o soliciten o día da xornada.

Este ciclo de conferencias, está organizado pola Facultade de Matemáticas, Facultade de Bioloxía e polo Grupo interdisciplinar de Estatística , Computación, Medicina e Bioloxía (GRIDECMB) da USC, e está cofinanciado pola Fundación Española para la Ciencia y Tecnología (FECYT), no marco do proxecto "Bioestadística para Vivir y Cómo Vivir de la Estadística".