2 Ofertas de empleo

RESOLUCIÓN REITORAL POLA QUE SE CONVOCA CONCURSO PÚBLICO PARA CONTRATAR PERSOAL QUE ESPECIFICAMENTE COLABORE EN ACTIVIDADES DE INVESTIGACIÓN
1.-OBXECTO
O obxecto do presente concurso é contratar persoal para colaborar nas actividades de investigación. Excepcionalmente e unicamente para o caso de estranxeiros que non teñan homologado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o correspondente titulo superior, admitirase, durante un período máximo de dous anos a substitución do contrato por unha bolsa.
O persoal contratado colaborará especificamente na actividade de investigación para a que é contratado.
2.-REQUISITOS DOS CANDIDATOS
Os candidatos deberán reuni-los requisitos esixidos na actividade para a que realicen a súa solicitude.
3.-MÉRITOS
Os méritos que se terán en conta para a selección de candidatos, son os que figuran, para cada actividade en concreto, no anexo I desta convocatoria.
4.-PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN
O investigador principal de cada actividade, á vista das solicitudes presentadas, emitirá proposta razoada a favor do candidato que considere máis idóneo.
5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte o da publicación da presente convocatoria.
6.-SOLICITUDES
As solicitudes, dirixidas ao Sr. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, serán presentadas nos Rexistros Xerais da Universidade, sitos no Colexio San Xerome, Praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela, nos Servicios Centrais do Campus de Lugo, Edificio Biblioteca Intercesor, 27002 Lugo, no rexistro da Oficina de Investigación e Tecnoloxía, edificio Cactus, Campus Sur, 15782 Santiago de Compostela ou por calquera outro dos procedementos establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
7.-DOCUMENTACIÓN
Os solicitantes, para seren admitidos ó proceso de selección, acompañarán necesariamente á súa solicitude os seguintes documentos:
• Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nos seus estudos (fotocopia simple).As certificacións académicas de estudos realizados no estranxeiro deberán presentarse coas correspondentes traducións oficiais ao castelán ou galego, que poderá facerse por un traductor xurado, debidamente autorizado en España.
• Xustificación dos requisitos esixidos no anexo I (fotocopias simples)
• Xustificación dos méritos alegados, mediante fotocopia simple.
8.-DURACIÓN DO CONTRATO
A duración do contrato é o establecido, para cada actividade de investigación, no anexo I desta convocatoria.
9.- CAUSAS DE EXCLUSIÓN
Serán excluídos os candidatos que estivesen nalgunha das seguintes situacións:
a) Ter estado vinculados coa USC, mediante un ou varios contratos temporais por un tempo igual ou superior a 36 meses.
b) Ter estado vinculados coa USC, mediante dous ou mais contratos temporais, por un prazo superior a 24 meses nun período de trinta meses
Sen prexuízo do establecido no apartado b) no suposto de que a vinculación indicada no apartado a) fose inferior a 36 meses o contrato derivado deste procedemento farase por un período máximo que sumado aos anteriores non superen os 36 meses Sen prexuízo do establecido no apartado a) no suposto de que a vinculación indicada no apartado b) fose inferior a 24 meses nun período de 30, o contrato derivado deste procedemento farase nun período máximo que sumado aos anteriores non superen os 24 meses.
10 -NATUREZA DOS CONTRATOS
A contratación non implica ningún compromiso en canto á posterior incorporación ao cadro de persoal da Universidade de Santiago de Compostela.
11.-RESPONSABILIDADES SUBSIDIARIAS
A persoa contratada deberá mante-la confidencialidade da actividade que realice, así como gardar sixilo de tódalas cuestións e asuntos inherentes á mesma e das que sexa coñecedor durante o período de duración do contrato.
12.-ACEPTACIÓN DAS BASES
A simple presentación da solicitude implica a total aceptación das bases por parte do solicitante.
13.-LISTAS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
As listas de admitidos e excluídos a este concurso, tanto as provisorias como as definitivas, publicaranse no taboleiro de anuncios da Reitoría, única notificación válida, segundo o disposto no artigo 59.b) da Lei 30/1992. Así mesmo serán publicadas no taboleiro de anuncios da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo, no taboleiro de anuncios da Oficina de Investigación e Tecnoloxía e no do Departamento ó que corresponda cada actividade de investigación. Contra a presente Resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 8 da Lei da Xurisdicción Contencioso Administrativa, aprobada pola Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contenciosoadministrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As dúas posibles ofertas para estatística ou matemáticas son as seguintes:

Oferta 1:
Título da actividade: Escenarios actuales y potenciales de exposición y vulnerabilidad a los riegos naturales. Integración de la mitigación en la ordenación y planificación territorial para el incremento de la eficiencia
Referencia da actividade: 2008/PC019
Centro: Escola Policténica Superior
Investigador principal: Urbano Fra Paleo
Número de prazas: 1
OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO
Traballo a realizar: Programación de aplicación web de avaliación cooperativa de gobernanza de riscos por medio
de indicadores en PHP e MySQL
CONDICIÓNS DO CONTRATO
Retribución bruta mensual: 1100 €
Duración do contrato: 4 meses
Data inicio prevista: 01/12/10
Data fin prevista: 31/03/11
Xornada laboral: tempo completo
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
REQUISITOS
Titulacións:
Enxeñería Informática, Enxeñería Técnica en Informática, Licenciatura en Física, Licenciatura en
Matemáticas
MÉRITOS: Coñecemento de programación en PHP (2,5 puntos), coñecemento de programación en MySQL (2,5 puntos), experiencia profesional en programación de aplicacións (1,5 puntos), experiencia investigadora (0,75 puntos), coñecemento de xestión de riscos (0, 75 puntos), coñecemento de avaliación ambiental ( 0, 75 puntos), coñecemento de inglés (0, 75 puntos), interese en seguir un programa de doutoramento ( 0,5 puntos)

Oferta 2:
Título da actividade: Gramática, discurso e competencia comunicativa en lingua inglesa. Un enfoque multidisciplinar integrado
Referencia da actividade: 2009/PX067
Centro: Facultade de Filoloxía
Investigador principal: María de los Angeles Gómez González
Número de prazas: 1
OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO
Traballo a realizar: Mantemento de páxinas web e bases de datos, deseño de material multimedia , apoio técnico aos obxectivos do proxecto; tratamento estatistico de datos lingüísticos.
CONDICIÓNS DO CONTRATO
Retribución bruta mensual : 443, 5 €
Duración do contrato: 15 meses
Data inicio prevista: 01/11/11
Data fin prevista: 31/03/12
Xornada laboral: tempo parcial
REQUISITOS E MÉRITOS DOS CANDIDATOS
REQUISITOS
Titulacións: FP (Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos, Técnico Superior en Desarrollo de Aplicacións Informáticas, Técnico Especialista en Electrónica de Equipos Informáticos), Enxeñeiro ou Enxeñeiro
Técnico en Informática ou Telecomunicacións, Licenciado/Doutor en Física, Matemáticas ou Psicoloxía.
MÉRITOS: CV e expediente académico (1 punto), coñecemento de inglés (B2) (2 puntos), experiencia en mantemento e deseño de páxinas web/blogs e material multimedia (2 puntos), experiencia en tratamento estatístico de datos (2 puntos), entrevista persoal (3 puntos)

Máis información