No terceiro cuadrimestre o alumno/a debe realizar un Trabajo Fin de Máster cunha adicación equivalente a 15 créditos ECTS.
O Traballo Fin de Máster consiste no desenvolvemento dun proxecto de carácter teórico ou aplicado. En moitos dos traballos teóricos preténdese que o alumno/a faga unha revisión crítica dalgúns dos traballos de investigación de recente publicación nos campos correspondentes á temática de cada traballo, comparando as distintas alternativas existentes ou, mesmo, propoñendo novas alternativas que poidan ser estudadas máis profundamente nunha futura Tese de Doutoramento. Os proxectos de tipo aplicado consisten na análise, estudo e resolución de problemas con datos reais nos que se deben aplicar modernas técnicas da Estatística ou a Investigación Operativa.
Ademáis, existe a posibilidade de realizar un trabajo titorizado nunha empresa colaboradora do Máster en Técnicas Estadísticas, co obxectivo de que el alumno/a analice e estude problemas da área de Estatística e Investigación Operativa de interese para as empresas. Estas empresas, na maioría dos casos, xa teñen desenvolvido convenios e proxectos cos departamentos universitarios que colaboraran con este máster. En todos os casos, o alumno/a de Traballo Fin de Máster estará dirixido/a por profesorado universitario que cumpra os requisitos mencionados na normativa.
Unha referencia para realizar un Traballo de Fin de Máster pode elexirse de calquera das liñas de investigación que figuran no doutoramento.
Neste enlace poden consultarse algunhas indicacións sobre os contidos mínimos e o formato do Traballo Fin de Máster (MTE_PlantillaTFM.pdf). O arquivo *.rar descargable, tamén contén unha plantilla de LaTeX de exemplo (MTE_PlantillaTFM.tex), así como os logotipos das tres universidades que organizan o máster (logoUDC.pdf, logoUSC.pdf y logoUVigo.pdf).
Os membros dos tribunais serán :
TRIBUNAL 1:
Presidente: Jacobo de Uña Álvarez. Secretario: Javier Tarrío Saavedra. Vogal: Julio González Díaz.
Como suplente: Salvador Naya Fernández.
TRIBUNAL 2:
Presidente: M. Luisa Carpente Rodríguez. Secretaria: Paula Saavedra Nieves. Vogal: Manuel A. Mosquera Rodríguez.
Como suplente: Salvador Naya Fernández.
Independientemente da modalidade de traballo, corresponde ao alumno/a enviar o seu TFM a un dos coordinadores do máster e confirmar a correcta recepción do mesmo. A entrega realizarase únicamente en formato electrónico. Ademáis, o alumno/a deberá seguir calquera procedemento indicado pola universidade na que estea matriculado.
No caso de que un alumno/a non autorice a publicación do seu TFM na web do MTE, deberá achegar un resumo de dúas páxinas como mínimo onde, ademáis, figuren os motivos polos cales non se autoriza a difusión vía web da memoria.
Convocatoria de Xaneiro:
Data de entrega dos trabajos: 22 de xaneiro de 2026.
Data de lectura: 6 e 9 de febreiro de 2026 .
Convocatoria de Xullo*:
Data de entrega dos trabajos: 3 de Xuño de 2026.
Data de lectura: 18, 25 e 26 de Xuño de 2026.
Convocatoria de Setembro*:
Data de entrega dos trabajos: 17 de Xullo de 2026.
Data de lectura: 3, 4 e 7 de Setembro de 2026.
(*) O alumnado matriculado na UVigo só poderá presentarse a unha das dúas convocatorias.
O tempo máximo de exposición será de 25 minutos.
