Admisión e matrícula

Nota:  Esta web é tan so informativa e o proceso de preinscripción e matriculación realízase nas universidades organizadoras do Máster (USC, UDC e UVigo). Por convenio, a cada estudante aplicaráselle a normativa da universidade onde se matricula. Non obstante, será posible cambiar de universidade de matrícula durante os estudos. Ademais, indica que os estudantes non terán dificultades para cambiar de universidade para finalizar de cursar este título. Para unha información máis precisa e actualizada sobre o calendario, preinscripción, matriculación, listas de admitidos, etc., pódese consultar a sección de docencia en Másteres das webs principais de cada unha das tres universidades galegas.

  • Criterios de admisión e selección

Número de plazas de cada Universidade:

  1. Universidade de Santiago de Compostela: 25 plazas.
  2. Universidade de A Coruña: 25 plazas.
  3. Universidade de Vigo: 25 plazas.

Probas de acceso especiais. Non se establece ningunha proba de acceso especial para este Máster.
A admisión no programa realizarase tendo en conta os seguintes aspectos:  titulación de acceso (70% - ata 7 puntos), expediente (20% - ata 2 puntos) e  currículo vitae do candidato/a (10% - ata 1 punto). As titulacións de acceso puntuaranse segundo o seu grao de contido estatístico e de investigación operativa, visto o expediente do estudante. A modo de referencia, os contidos propios do Grao en Matemáticas, avalíanse entre 6 e 7 puntos, dependendo de si o estudante cursa materias optativas complementarias de contido estatístico ou de investigación operativa. Otros títulos de grao cun contido relativamente amplo de estatística descritiva e inferencia estatística, avaliaranse entre 5 e 6 puntos, dependendo tamén da optatividade cursada. Como referencia, inclúense neste grupo os Graos en Bioloxía, Psicoloxía, Enxeñaría, Medicina, Administración e Dirección de Empresas, Economía ou similares. Os restantes títulos de grao que teñan un contido básico de estatística, entendendo como tal que non existe unha materia dedicada á introducción de conceptos estatísticos, senón que a estatística é utilizada como ferramenta instrumental, serán avaliados  entre 3 e 4 puntos.

A continuación, presentamos un documento no que os criterios arriba mencionados foron desenvoltos:
BaremoAdmisión

Calendario de Preinscripción e Matrícula


Esta información actualízase a medida que as universidades vaian anunciando os prazos de matrícula para o curso que 2025-2026. Recoméndase consultar sempre as webs oficiais de cada unha das tres universidades.

USC

(2025-2026)

Web oficial de la USC

Calendario Completo USC

 

UDC

(2024-2025)

Web oficial del Procedimiento UDC UDC

 

UVigo

(2024-2025)

Web oficial de UVigo
Calendario Completo UVigo


Admisión e matrícula a tiempo parcial:

A USC e UVigo permiten matricularse parcialmente dos cursos de forma que o estudante realizará o Máster no doble de tempo seguindo un Plan de Estudos que acordará co coordinador do Máster. A UDC permite unha matriculación parcial do curso máis flexible, podendo matricularse de menos materias en cada curso. Para iso, o alumno/a debe contar coa aprobación do coordinador do Máster. Para obter maior información sobre este tipo de matrícula, contacte co coordinador do Máster na universidade correspondente.

Admisión y matrícula - Más información