PREMIO| Premios Paula Montoto Castelao_TFG/TFM

Cátedra Denodo-UDC de Ingeniería de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica

A Cátedra Denodo–UDC de Enxeñaría de Datos, IA e Innovación Tecnolóxica organiza os Premios Paula Montoto Castelao 2025/2026 aos mellores Traballos de Fin de Grao/Mestrado aplicado á empresa.

Quen pode participar?

Poderá presentar a súa candidatura calquera estudante que:

✅ Teña defendido o seu TFG/TFM durante o curso académico 2025/2026.

✅ Pertenza a unha titulación relacionada con Enxeñaría Informática, Ciencia de Datos, Intelixencia Artificial ou áreas afíns.

✅ Cuxo traballo destaque pola súa calidade e innovación, valorándose especialmente a súa aplicabilidade no contorno empresarial.

🏆 Dotación dos premios (importes brutos suxeitos a retención legal):

🥇 1.º premio: 5.000 €

🥈 2.º premio: 3.000 €

🥉 3.º premio: 2.000 € 

 📝 Presentación de candidaturas

A presentación deberá realizarse a través do seguinte formulario: 👉 https://forms.office.com/e/iALeLVC8ms

Animámosvos a participar e presentar a vosa candidatura. O prazo permanecerá aberto ata o 1 de outubro de 2026.