Convocatoria de contratos Predoutorais da USC

Publicado no taboleiro da USC a Convocatoria de contratos predoutorais da Universidade de Santiago de Compostela

Modalidade A: Plan propio de captación de investigadores/as predoutorais, financiado polo Banco Santander.
Modalidade B: Enfocada á formación de doutores/as nos grupos de investigación da USC, co fin de que realicen unha tese doutoral asociada a un proxecto de investigación pertencente á USC.
O prazo de inicio para presentar as solicitudes na plataforma do Santander iniciarase o día 03/01/2022 ata o 31/01/2022 ás 14:00 h.