Fallo xurado Medallas SEIO

Wenceslao González Manteiga foi premiado cunha das Medallas da Sociedad de Estadística e Investigación Operativa. Coas Medallas da SEIO preténdese recoñecer o labor daqueles socios da SEIO que contribuísen de forma relevante e continuada ao avance e a proxección da Estatística e a Investigación Operativa como disciplinas científicas, con proxección internacional.
A candidatura para que Wenceslao fose un dos premiados foi presentada e apoiada por Manuel Febrero e Carmen Cadarso da Universidade de Santiago de Compostela, Ricardo Cao e Juan Manuel Vilar da Universidade da Coruña e Jacobo de Uña da Universidade de Vigo.
O Departamento no seu momento apoiou a iniciativa de dita proposta enviando unha carta de apoio á devandita candidatura.