EMPLEO | Investigador Colaborador_CITMAga

INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA ESTATÍSTICA PARA A VALORACIÓN DE STOCK (Ref.: CITMAga-OT-05/2026)

TIPO DE CONTRATO:

1 contrato como investigador/a colaborador/a.

TRABALLO A REALIZAR:

Realización de tarefas de investigación no marco do proxecto “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA ESTATÍSTICA PARA A VALORACIÓN DE STOCK”.

FUNCIÓNS A REALIZAR:

traballos de investigación en estatística: análise dos datos históricos, identificación e tratamento de datos atípicos que poidan afectar a estimación dos parámetros de interese. Avaliación de correlacións entre variables relevantes para a estimación. Implementación e comparación de metodoloxías de remuestreo para estimación de intervalos de confianza.

RESPONSABLES: 

Profesora Dra. Beatriz Pateiro López.

PERFIS DOS CANDIDATOS:

Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do #máster (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coa estatística matemática. (12 puntos)
  • Coñecemento e experiencia previa no deseño e implementación de algoritmos de estatística. (18 puntos)
  • Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística. (10 puntos)

Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).

  • Experiencia práctica na resolución de problemas de estatística. (10 puntos)
  • Programación en linguaxes de análises e modelización científica (Python, R …), bases de datos con SQL e manexo de datos con Microsoft Excel (10 puntos)
  • Experiencia en modelización de series temporais: análise de datos históricos para identificar patróns, tendencias estacionais e ciclos de comportamento. (5 puntos)
  • Experiencia en simulación de escenarios mediante Monte Carlo e en técnicas de remuestreo para análise estatística. (5 puntos)

Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. . Entrevistarase polo menos ás/ós tres candidatas/os  con mellor valoración e que entre os dous apartados anteriores alcanzaran polo menos 40 puntos.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.
  • Fecha inicio prevista: a partir del día siguiente a la fecha de resolución de la selección. La fecha de inicio prevista puede sufrir modificaciones en función de la fecha de resolución de adjudicación del contrato.
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da producción.
  • Categoría Laboral: investigador/a colaborador/a.
  • Duración: 6 meses. La duración del contrato puede sufrir modificación en función de la fecha de resolución de adjudicación del contrato y/o de la duración de la actividad/proyecto de investigación.
  • Jornada laboral: a tiempo completo (35.0 horas semanales).

COMISIÓN DE AVALIACIÓN:

As solicitudes presentadas serán valoradas por unha Comisión de Avaliación designada ao efecto. A Comisión estará constituída pola/o responsable científica/o a (presidiráa) e membros do equipo de investigación vinculados ao Centro.

Membros da Comisión Especializada de Selección:

  • Presidenta: Beatriz Pateiro López
  • Secretaria: María Isabel Borrajo García
  • Vogal: Prof. Julio González Díaz

LUGAR DE TRABALLO:

Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Campus Vida, Santiago de Compostela.

ENVÍO DE SOLICITUDES

As persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 8 de marzo de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículo vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñería e Mestrado; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículo vitae). Toda a documentación  remitirase á seguinte dirección de correo electrónico: This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-05/2026. Unha vez recibida a solicitude confirmarase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados. 

PRAZOS E RESOLUCIÓN:

  • Recepción de solicitudes: ata o 8 de marzo  de 2026 ás 23:59 horas
  • Avaliación de solicitudes e realización de entrevistas persoais: primeira quincena de marzo de 2026.
  • Resolución da convocatoria: primeira quincena de marzo de 2026.

Máis información