EMPLEO | Praza Investigador Colaborador_Grupo GRID-BDS_USC

DESCRICIÓN: 

O Grupo de Bioestadística e Ciencia de Datos Biomédicos (GRID-BDS) da Universidade de Santiago de Compostela lanza unha praza de investigador colaborador baixo a supervisión de Mercedes Conde Amboage.

Bases completas de la convocatoria 5-2026 (Ver plaza en la página 10 del ANEXO). Descripción plaza 2024_PG041

OBXECTO DO CONTRATO:

Implementación de modelos estatísticos avanzados aplicados ás Ciencias da Saúde, especialmente nas liñas de investigación biomédicas do grupo GRID-BDS.

FUNCIÓNS A REALIZAR: 

- Revisión metodolóxica de modelos bioestatísticos, especialmente aqueles relacionados co uso de modelos de regresión no campo da Análise de Supervivencia. 

- Asesoramento e apoio metodolóxico-estatístico aos investigadores do grupo GRID-BDS, principalmente na análise de datos biomédicos reais.

- Colaboración no desenvolvemento e implementación de software en R asociado aos modelos estatísticos estudados.

CONDICIÓNS: 

- Dedicación: tempo parcial (26,25 horas semanais)

- Duración: 3,5 meses con posibilidade de prórroga 

- Retribución bruta mensual: 1.349,43 € Aplicarase o rateo das pagas extraordinarias en 12 mensualidades

MÉRITOS A VALORAR:

- Grado ou licenciatura en Matemáticas ou Estatística. 20 puntos

- Nota media do expediente académico de mestrado universitario no ámbito da Estatística (a media puntuarase proporcionalmente ó grao de afinidade do mestrado) 20 puntos. Non é necesario ter finalizado o mestrado.

- Experiencia laboral acreditable no uso de modelos de regresión e de técnicas de Análise de Supervivencia. 10 puntos

- Formación específica acreditable en modelos de regresión, técnicas de Análise de Supervivencia e en programación con software estatístico, especialmente R. 20 puntos

- Asistencia a cursos, seminarios, congresos no ámbito da Estatística. 5 puntos

- Entrevista persoal. A entrevista realizarase unicamente ás persoas candidatas que na suma do resto dos méritos acaden 30 puntos como mínimo. 25 puntos.

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

 2 de xuño de 2026

 Más información