CURSO | ETinGT |  VII Curso de Teoría de Xogos do Grupo de Traballo da SEIO

DESCRICIÓN:

O VII Curso de Teoría de Xogos do Grupo de Traballo da SEIO celebrarase en Santiago de Compostela os vindeiros días 8 e 9 de xuño.

OBXECTIVO:

Este encontro, titulado Emerging Trends in Game Theory (ETinGT 2026), nace co propósito de impulsar a visibilidade do persoal investigador en etapas iniciais, ao tempo que promove un espazo de intercambio científico dinámico entre investigadores e investigadoras tanto a nivel nacional como internacional. Búscase, ademais, reforzar o papel da teoría de xogos como ferramenta metodolóxica clave en ámbitos económicos, sociais e empresariais emerxentes.

Aínda que o curso foi concibido inicialmente como actividade formativa de doutoramento, está aberto tanto a investigadores/as junior como senior, co obxectivo de fomentar o diálogo interxeracional e a creación de novas colaboracións. É, por ese motivo, polo que vos animamos a asistir e a participar nestas.

PRESENTACIÓN DE TRABALLOS:

O programa científico incluirá:

  • Presentacións orais curtas de investigadores/as novos/as (arredor dos 15 minutos). Prevese aceptar arredor de 15 contribucións. As persoas interesadas deberán enviar un resumo (máx. 200 palabras), incluíndo título.
  • Sesións de póster para investigadores/as senior. As persoas interesadas deberán remitir un resumo (máx. 200 palabras), incluíndo título.  

Data límite para presentación de traballos: 30/04/2026

Máis información