Galego | Castellano

Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist
Mailinglist

O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela ten a honra de organizar o VIII Congreso da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO). Dase así continuidade á iniciativa de facilitar un foro onde se poidan atopar os profesionais, docentes, investigadores e estudantes interesados nesta área de coñecemento.

O programa inclúe conferencias invitadas onde se tratan temas actuais, cun enfoque divulgativo, que serven para evidenciar a utilidade social da Estatística e da Investigación de Operacións. Facilítase a presentación de contribucións orais ou en forma de póster, e engádense dous cursos sobre ferramentas informáticas de moita utilidade nesta área.

O congreso celebrarase na Facultade de Matemáticas, que foi xerme da Estatística e da Investigación de Operacións en Galicia, e na cidade de Santiago de Compostela, o que permite un programa de actividades sociais que esperamos sexan do seu agrado.

Tríptico informativo



Deixamos a túa disposición a presentación do curso "Linguaxe R"