Programa de Becas de Posgrado en el Extranjero 2017

Esta convocatoria está dirixida a titulados universitarios para a realización de estudos de máster e estadías de investigación en institucións de referencia en todo o mundo.

A Fundación Barrié, consciente da importancia da formación para o desenvolvemento de persoas e comunidades, convoca a 28º edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.

A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos de Máster con dedicación a tempo completo.

Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.

Bases