Modificación da convocatoria de matrícula en estudos de posgrao

Achégase enlace a Resolución Reitoral de modificación da convocatoria de matrícula en estudos de posgrao para o curso 2014/2015. Por unha banda, inclúese un novo suposto de utilización da convocatoria adiantada, para aqueles alumnos que rematando o seu plan de estudos no primeiro cuadrimestre lles queda pendente de aprobación o seu TFM, cos seus propios prazos. Por outra banda, incorpórase o calendario de matrícula en programas de doutoramento para o segundo cuadrimestre que, aínda que se fixo público cando foi aprobado pola Comisión Permanente da EIDO, non se incorporara ao texto da convocatoria de matrícula.

http://www.uvigo.es/opencms/export/sites/uvigo/uvigo_gl/DOCUMENTOS/alumnado/posgrao/modificacixn_convocatoria.pdf

Axunto