Oferta de traballo: Contratos de apoio á investigación (Grupo SiDOR)

O grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research, http://sidor.uvigo.es) da Universidade de Vigo ofrece dous contratos para realizar tarefas de apoio á investigación na área de Estatística e Investigación de Operacións. As tarefas a realizar corresponden a dúas liñas:

Liña A: Desenvolvemento de metodoloxía relacionada coa investigación básica do grupo SIDOR. Estudo das propiedades dos métodos propostos
Liña B: Resolución de problemas específicos doutras áreas de coñecemento (medicina, oceanografía, bioloxía, enxeñería, economía, etc) en colaboración con outros grupos de investigación, aplicando e/ou desenvolvendo a metodoloxía estatística adecuada

Requisitos:
- Grao en Matemáticas ou Estatística, ou grao noutras titulacións con formación específica na área de Estatística e Investigación Operativa a nivel de posgrado
- Manexo de software estatístico. Coñecementos de programación
- Bo nivel de inglés falado e escrito

Criterios de valoración:
- Expediente académico do grao
- Expediente académico de máster, no seu caso
- Curriculum vitae
- Entrevista persoal

Descrición do traballo:
- Salario bruto: 1250 euros/mes
- Xornada de traballo semanal: 37.5 horas/semana
- Duración do contrato: 4 meses prorrogables
- Centro de traballo: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus Universitario As Lagoas-Marcosende (Vigo)
- No caso de alumnado de posgrao, a investigación a realizar poderá motivar un Traballo Fin de Máster (TFM)

Presentación de solicitudes e prazo:
- Mediante correo electrónico dirixido a This email address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it. co seguinte asunto: Praza apoio á investigación SiDOR
- Achegar expediente académico de grao/máster e CV
- Prazo: ata as 14:00 horas do 20 de abril de 2018

Entrevistas persoais e resolución:
- Os candidatos preseleccionados serán convocados a unha entrevista persoal
- Data estimada de resolución para a provisión da praza: 27 de abril de 2018
- Data prevista de inicio do contrato: entre 15 de maio e o 15 de xuño de 2018

Máis información