Axudas á Investigación 2018 Fundación Banco Sabadell

A Fundación Banco Sabadell convoca 15 axudas para investigadores de nacionalidade española que estean na última fase do proceso de realización da tese doutoral nunha universidade ou centro científico español.
O ámbito de aplicación das axudas é exclusivamente en ciencias sociais e humanidades.
As axudas están destinadas a financiar traballos de investigación, estancias en universidades ou centros científicos españois ou estranxeiros e outras actividades relacionadas coa realización da tese doutoral.
A Fundación valorará especialmente os traballos que axuden a entender os grandes desafíos culturais, económicos, políticos ou sociais do noso tempo ou que sexan capaces de ampliar de forma significativa o campo de coñecemento ao que pertencen.

Ligazón de interese: www.fundacionbancosabadell.com/wp-content/uploads/2018/10/Bases-Ayudas-Investigacion-2018_cast-1.pdf