Oferta de Emprego da Fundación Cabaleiro Goás

DESCRIPCIÓN DA OFERTA - PERFIL SOLICITADO:

Titulación requirida: Diplomatura ou Licenciatura en Matemáticas ou Diplomatura ou Licenciatura en Estatística. Postgrao Oficial en Técnicas Estatísticas.

Funcións a realizar:

- Asesoramento estatístico na fase de deseño de proxectos de investigación biomédicos. Deseño de bases de datos.

- Realización de análise estatístico de proxectos de investigación.

- Asesoría na interpretación de resultados.

- Asesoría na redacción científica de manuscritos de traballos de investigación.

- Revisión de artigos científicos.

- Organización e labor formativa en técnicas estatísticas orientadas ao análise de datos de investigación.

Requisitos Mínimos do candidato/a:

- Experiencia en análise de datos biomédicos, especialmente en: Análise multivariante, supervivencia, validez de probas diagnósticas,validación e análise de enquisas (Análise factorial, análise de correspondencia).

- Experiencia no manexo de paquetes estatísticos R, SPSS, Epidat, Stata, e similares.

Valoración Positiva de:

- Experiencia laboral en posto de traballo similar ao ofertado.

- Manexo fluído de Inglés científico.

- Publicacións en revistas de investigación biomédica.

- Asistencia a Congresos e participación en comunicacións Orais / Póster.

- Cursos de formación continuada vinculados o posto de traballo ofertado.

- Experiencia docente en estatística orientada á investigación biomédica.

TIPO DE CONTRATO E DURACIÓN.

Contrato laboral por obra e servizo de 6 MESES de duración.

XORNADA LABORAL

Media Xornada (20 h. semanais).

SALARIO 897 € brutos.

Más información - Anexo