Información importante relativa as Axudas de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia 2013

O día 4/10/2013 publicouse na web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (http://www.edu.xunta.es/web/node/10290) as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das axudas predoutorais correspondentes ao ano 2013.
A documentación de subsanación das devanditas solicitudes deberá ser presentada polo interesado no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, San Caetano, s/n ata as 14 horas do mércores 16 de outubro.
Prégase prestar especial atención a aqueles candidatos excluídos pola causa 2g): o/a director/a de tese proposto/a consta en máis dunha solicitude.