Curso de Bioestatística básica con R

 

Estadísticas del curso

Galería de fotos

 

INTRODUCCIÓN

R, tamén coñecido como "GNU S", é un ámbito e unha linguaxe para o cálculo estatístico e a xeración de gráficos. A día de hoxe, R é un dos máis flexibles e potentes paquetes que existen para realizar tarefas estatísticas de todo tipo, dende as máis elementais, ata as máis avanzadas. Conta, ademais, coa vantaxe de ser gratuíto e de descarga e instalación sinxelas. Este curso pretende ser unha introdución no manexo e uso de R. Para iso introdúcense tarefas estatísticas sinxelas, pero relevantes, relacionadas co manexo e análise de datos biomédicos. Entre elas inclúese o manexo de bases de datos, estatística descritiva, representacións gráficas e varias técnicas estatísticas comunmente usadas en investigación biomédica.

Recoméndase ademais este curso para aquelas persoas que estean interesadas en cursar outros máis avanzados que impártense dende o GRID[ECMB].


DURACIÓN

Nº total de horas: 16

 

DATAS

13, 15, 16 e 17 de febreiro de 2012, de 16:00 a 20:30 h.

 

LUGAR

Facultade de Medicina, Santiago de Compostela.

 

PROGRAMA

 

A. Introdución a R

O entorno R.

R coma calculadora.

Creación de obxectos: vectores, listas, bases de datos, …

Coma buscar información: paquetes, axudas, …

Traballar bases de datos: importar arquivos.

A información en R.

 

B. Estatística descritiva con R

Descritiva Numérica:

  • medidas de centralización
  • medidas de dispersión
  • medidas de localización

Táboas en R:

  • táboas de frecuencias
  • táboas de continxencia
  • táboas de frecuencias marxinais

 

C. Representacións gráficas con R

Estatística descritiva gráfica:

  • histogramas
  • boxplot
  • diagrama de sectores
  • diagrama de barras

 

D. Comparación de dúas mostras cuantitativas

Independentes (t-Student, Mann-Whitney)

Apareadas (paired t-Student, Wilcoxon)

 

E. Comparación de k mostras cuantitativas independentes

ANOVA de 1 vía

Test “a posteriori”

Alternativa non paramétrica

 

F. Estudo de variabeis cualitativas

Táboas de continxencia.

Test Chi-cuadrado.

Táboas 2x2: test exacto de Fisher. Odds-Ratio.

 

G. Regresión lineal e correlación

Diagrama de dispersión.

Coeficiente de correlación de Pearson.

Estimación da recta de regresión.

 

PARTICIPANTES

Curso dirixido cara a residentes, alumnos de másteres e   profesionais/investigadores de diversos ámbitos que requiren unha formación básica no software libre R enfocado en aplicacións de bioestatística. Traballarase sobre bases de datos reais.

 

PROFESORADO

Miembros del GRID[ECMB] con experiencia previa neste área.

 

ORGANIZACIÓN

A organización da actividade de formación “Bioestatística con R” lévase a acabo dende o GRID[ECMB], grupo pertencente ó Nodo Galicia da Red Nacional de Bioestadística - BIOSTATNET.

 

Comité Científico:

Dirección:

Carmen Mª Cadarso Suárez – USC

 

Comité Organizador:

Coordinación:

Vicente Lustres Pérez - USC

Isabel Martínez Silva - USC

Webmáster:

Altea Lorenzo Arribas - USC

Última actualización el Martes, 17 de Abril de 2012 09:03
 
, Powered by Joomla! and designed by SiteGround web hosting