EMPLEO | 1 Contrato Investigador/a Colaborador/a_CITMAga-OT-06-2026

REFERENCIA DA OFERTA: CITMAga-OT-06-2026

DENOMINACIÓN: “INVESTIGACIÓN MATEMÁTICA EN METODOLOXÍA ESTATÍSTICA E OPTIMIZACIÓN PARA A ANÁLISE E EVOLUCIÓN DO PARQUE DE VEHÍCULOS”.

DESCRICIÓN DO POSTO: 1 contrato como investigador/a colaborador/a. 

FUNCIÓNS A REALIZAR:

Realización de traballos de investigación en estatística e optimización orientadas ao deseño e desenvolvemento dunha solución integral para a análise e a proxección da evolución do parque de vehículos. En particular, abordarase a construción dunha base de datos co seu correspondente esquema e lóxica, garantindo a calidade e consistencia da información mediante procesos de limpeza, imputación e enriquecemento dos datos. Así mesmo, desenvolveranse os fluxos de inxesta de información relativos ao parque de vehículos, incluíndo altas, baixas, consumos unitarios e quilometraxe anual. O traballo incluirá o seguimento e análise da evolución histórica do parque de vehículos, así como o desenvolvemento de modelos que permitan proxectar distintos escenarios futuros, incorporando as restricións regulatorias e técnicas necesarias.

PERFIS DOS CANDIDATOS:

Licenciados/as, Enxeñeiros/as, Graduados/as e equivalentes.

MÉRITOS E REQUISITOS A VALORAR:

  • Formación e experiencia xeral a valorar (40 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Expediente académico do grao/licenciatura/enxeñería. Expediente do máster (no seu caso). Valorarase o grao de afinidade das titulacións do candidato coas Matemáticas, en particular en ámbitos relacionados coa estatística e a optimización. (12 puntos)
    • Coñecemento e experiencia previa no deseño e implementación de algoritmos de estatística e optimización, así como no tratamento e análise de datos. (18 puntos)
    • Coñecemento e experiencia previa en modelos de predición estatística e optimización, especialmente no desenvolvemento de modelos de proxección ou simulación de escenarios. (10 puntos) 
  • Coñecementos e experiencia adicional e específica a valorar (30 puntos, todas as aportacións deben estar documentadas).
    • Experiencia práctica na resolución de problemas de estatística e optimización. (15 puntos)
    • Programación en linguaxes de análises e modelización científica (Python, R, etc.), xestión de bases de datos mediante SQL e manexo de datos con ferramentas como Microsoft Excel. Valorarase tamén a experiencia en contornas de datos na nube, en particular Microsoft Azure, e en ferramentas de visualización como Power BI. (10 puntos)
    • Experiencia en modelización de series temporais: análise de datos históricos para identificar patróns, así como para xerar proxeccións e escenarios futuros que apoien a planificación e a toma de decisións. (5 puntos)
  • Entrevista persoal (30 puntos).

As persoas candidatas seleccionadas de acordo cos criterios anteriores serán convocadas a unha entrevista persoal. Entrevistaráse polo menos as tres candidatas/os co mellor baremación e que entre os dous apartados anteriores alcancen polo menos 40 puntos.

CONDICIÓNS:

  • Retribución bruta mensual: 1.799,21 € en 14 pagas.
  • Data inicio prevista: A partir do día seguinte á data da resolución da praza ofertada.
  • Tipo de contrato: contrato por circunstancias da producción.
  • Categoría Laboral: Persoal investigador colaborador.
  • Duración: ata o 7 de abril de 2027.
  • Xornada laboral: a tempo completo (35.0 horas semanais).

ENVÍO DE SOLICITUDES:

s persoas interesadas neste contrato deberán enviar antes do 29 de abril de 2026 ás 23:59 horas as solicitudes, que deberán incluír unha carta de presentación que resuma a traxectoria do solicitante cos méritos e experiencia a valorar na convocatoria, o currículum vitae (con teléfono móbil e correo electrónico), os títulos e os expedientes académicos de Grao/Licenciatura/Enxeñaría e Máster; outras certificacións, e a vida laboral (que acredite os méritos profesionais que aparecen no currículum vitae). Toda a documentación remítese á seguinte dirección de correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando en “asunto” a referencia da oferta CITMAga-OT-06/2026. Unha vez recibida a solicitude, confírmase a recepción da mesma mediante correo electrónico. As persoas candidatas que sexan convocadas á fase de entrevista deberán aportar documentación orixinal dos méritos aportados.  

Máis información